martes 22 de julio de 2008

Pechado por vacacións


Hola Raparigos:

Sei que estou a crear unha tensión inncecesaria nos meus incondicionais seguidores e tamén son capaz de comprender a frustración de conectarvos día a día para saber a verdade do mundo.

Por medio deste post quero liberarvos deste sentemento de desamparo e vos conmino a entrar menos asiduamente neste blog que, case seguro, non vai ser actualizado ata setembro por vacacións do autor, salvo que concorra algún tipo de acontecemento de reseñable importancia (p.e. algún cumpreanos dunha alta persoalidade)

Así que, pasade un bo verán que pronto estarei de volta para contarvos a verdade que vos seguirá facendo libres.

Chaíto

sábado 14 de junio de 2008

Último verán con furanchos


Hola Raparigos:

Alá polo mes de novembro do ano pasado xa vos informei de que pronto o de ir aos furanchos non ía ser o mesmo. Pois ben, o pasado xoves día 12 saíu no DOG o Decreto que regula este tipo de establecementos.

Xa sei que vos resulta triste, e que pensaredes que xa vos fastidiou o verán pero non vos preocupedes... aínda non vai ser para este verán ;-)

Pois si, o Decreto se publicou o xoves e non entra en vigor ata o 4 de xullo e, ademáis, na súa Disposición Transitoria se establece que os establecementos que xa estean funcionando nesa data terán un prazo de tres meses para adaptarse, co cal xa estamos no 4 de outubro, así que o verán está salvado xD.

Entre os requisitos máis importantes que establece son que deben estar iluminados e ventilados, que o viño non pode estar embotellado senón que ten que procede do barril directamente e que os produtos alimenticios que se ofrezan debén proceder de establecementos autorizados e non poden ser elaborados ou transformados no propio furancho, ademáis estes produtos deben estar perfectamente etiquetado e documentado.

Así que xa sabedes, o negocio está en montar unha empresa que subministre a comida a todos eses furanchos

Chaíto

viernes 25 de abril de 2008

Un novo homiño no mundo

Hola Raparigos:

Canto tempo sen falarnos... hoxe non é que teña moito máis tempo que outros días pero teño que poñer este post antes de que acabe o día xa que senón para o ano non me vou acordar do cumpreanos do MEU SOBRIÑO GABRIEL (Gabi para a súa nai).

Non vos vou dicir nin canto pesa nin canto mide porque sei que aos meus lectores este dato lle di tanto como a min... nada.

Hai vai unha foto del co seu tío favorito (os pelos son de andar en moto)



PD.- Aproveitade para vela que en calquera momento miña irmá me vai mandar sacar a foto :P

Chaíto

sábado 22 de marzo de 2008

Acabando as procesións

Hola Raparigos:

Hoxe vai ser o meu último post de semana santa, prometo que o próximo vai versar sobre o verdadeiro problema que ten Alonso con seu renault.

O martes 18 fun ver a procesión do Cristo da Paciencia que saiu do Convento das Nais Mercedarias... sobre esta procesión non vou poñer vídeo xa que os tíos eran bastante malos.
Este Cristo (teño entendido que é unha copia da orixinal do 1620 que está no monasterio dos Pais Mercedarios de Conxo) vai ser levado de volta desde a catedral ata Conxo o domingo 30 (vaia paseo :-)

O mércores 19 de marzo foi o Vía Crucis que ven a ser como unha misa en directo en toda a zoa vella na que o arcebispo vai cargando cunha cruz e parando diante de cada unha das 14 cruces que representan as 14 estacións da Vía Crucis. Esta tradición foi retomada no ano 1988 por Rouco.
As once da noite había a procesión do Cristo da Misericordia pero eu funme a un concerto cámara de "The English Concert" que había na igrexa de Santa Clara

O xoves 20 houbo moitas procesións (Última cea do Salvador e Xesús Flaxelado) pero eu estiven en Sisán... cada un fai a súa petinencia como millor cree que vai acadar a salvación ;-)

O venres 21 houbo pola mañán a procesión do Santo Encontro pero eu estaba de resaca en Sisán. Tampouco cheguei á procesión da Quinta Angustia que era ás 6 da tarde.

O que si tiven a ocasión de ver foi a procesión do Santo Enterro. Esta confraría foi fundada no século XV tras as predicacións do Dominico Alain de la Roche. Desde os Reis Católicos tódolos monarcas españois posúen o título de irmáns miores desta confraría incluso, Alfonso XIII levou o Santo Calvario en 1909.

A verdade é que esta procesión é ben bonitiña e non vos podedes imaxinar a canta xente logra concentrar no seu percorrido.

video

Esta procesión cruza pola catedral, onde se para cinco minutiños diante do altar o Cristo Xacente e a Virxe dos Coitelos.

Ese mesmo día, ás 11 da noite hai a procesión da Virxe da Soidade cuxa confraría foi fundada no século XVII con sé na igrexa de Santa María de Salomé.


video
Hoxe día 22 había a procesión dos Irmáns que, como curiosidade, procesiona coa música da banda da Brilat e Real Banda de Gaitas de Ourense, pero non creo que saira xa que chovía bastante.

Pa que logo alguén digan que en Galicia non temos procesións.

Chaíto

domingo 16 de marzo de 2008

Xa estamos en semana santa!!!!!!

Hola Raparigos:

Voulle dar un toque solemne a este blog e imos ter unha semana de recollemento espiritual.

Este finde comezaron as procesións de semana santa e eso mola moito... sobre todo o tema dos tamborileiros. Eche mais divertido que o dos mítines, polo menos aquí non hai que escoitar a ninguén dicindo tonterías.

O venres fun ver a procesión da Virxe das Dores que se remonta ao 1731 e foi fundada por arístócratas cabaleiros, a súa sé orixinal a igrexa de San Caetano, tendo como fin primario a consolidación, asistencia, o acompañamento e a realación de funerais dos sentenciados a morte.

O domingo había dúas, pero a primeira era ás 11:30 da mañán (xa sei que non era moi cedo pero o meu corpo non lle apetecía ir), en cambio á que si fun foi á da tarde que era a procesión da Esperanza. Esta é moi recente, naceu no 2005 e ten de curiosidade que as porteadoras son mulleres.

video

Seguirei manténdovos informados, que aínda queda moita semana...santa.

Chaíto

viernes 14 de marzo de 2008

Trauma infantil superado

Hola Raparigos:

Que tal estades? xa facía tempo que non falábamos...

Hoxe vouvos comentar a superación dun trauma infantil que posiblemente me fara ser mellor persoa.

Desde pequeniño me encantaba o ambiente que había no día de eleccións no colexio onde vivía. Eu pasaba a cotío por diante das aulas para ver que pasaba dentro aínda que en moi poucos casos podía entrar, só cando meu pai estaba de presidente.

Nin que dicir ten que o que máis me apetecía era estar dentro cando se producía o reconto de votos... había moito ambiente e respirábase a tensión (sobre todo nas municipais), pero esto nunca puiden facelo.

Pois ben raparigos, este domingo puiden cumprir o meu sono e fun a un colexio electoral onde había, non unha, nin dúas, nin tres, nin catro, senón que cinco mesas electorais.. si, líchedes ben, cinco mesas electorais.

O policía que vixiaba a mesa non entendía que facía alí xa que dicía que se estaba millor na casa... non ten nin ídea do que di, foi moi chulo, paseino ben e ademáis xa poderei ser un gran presidente de mesa cando o estado español me chame para colaborar coa democracia.

Había mesas de tódolos tipos... con presidentes estritos que facian de cada voto un acto solemne, outros onde había xente bastante perdidiña e unha mesa que acabou enseguida (o resto das mesas quedaron flipadas) pero que tiñan claro que o importante era acabar pronto e que os número cadraran.

Na foto vese como se molestaron en poñer os papeliños do senado... tal cual os recolleron do chan os meteron nas furnas a presión :)

PD.- O que está claro é que as interventoras do PP son máis guapas que as do PSOE ;)

Chaíto

lunes 10 de marzo de 2008

Xornada de decisións


Hola Raparigos:

Onte foi un gran día de eleccións de representantes de España: por unha banda elexíase a quen nos vai representar en Eurovisión e por outra a quen vai a representar a España ante o mundo durante catro anos.

Non vou opinar sobre cal das dúas eleccións me pareceu máis acertada xa que será o tempo que dará ou quitará a razón... no caso de Rodolfo Chikilicuatre sairemos de dúbidas nun par de meses e no caso de Zapatero teremos que esperar catro anos.

Chaíto